Xornalismo  Local  Calidade  Talento

Máis de 105 anos informando á comunidade galega a través das nosas 5 cabeceiras.

O noso equipo é o noso maior activo e sen eles non poderiamos ofrecer a información ca veracidade, seriedade, actualidade e cercanía que os nosos lectores esperan.
Cada persoa aporta a súa experiencia, coñecementos e pasión polo traballo que facemos e iso refléxase na calidade das nosas publicacións.

Algúns dos nosos compañeiros:

Abel Peña

Abel Peña

El Ideal Gallego

Licenciado en Xornalismo na Universidade Pontificia de Salamanca, leva desde 2003 traballando no Ideal Gallego, sempre na sección de Local. Actualmente encárgase de política municipal e de sucesos.

Alba Piñeiro

Alba Piñeiro

Diario de Arousa

Licenciada en Comunicación Audiovisual. Incorporouse ao equipo do Diario de Arousa en 2020 para cubrir os municipios de Sanxenxo e O Grove.

Alberto Torres

Alberto Torres

DXT

Director de DXT Campeón. Chegou en 2000 ao xornal, como xefe da sección do Deportivo pasando despois á subdirección en 2017.

Ana Pérez

Ana Pérez

El Ideal Gallego

Xornalista especializada en Estudos Internacionais. Máis de quince anos de experiencia no sector da comunicación como redactora de política local en prensa escrita e asesora en gabinetes de prensa.

Andrea Gestal

Andrea Gestal

El Ideal Gallego

Namorada da fotografía, do marisco e da vida en xeral. Recoñecerala polo seu pelo azul e o seu (son)riso, pero en realidade escóndese e move os fíos das redes sociais da Editorial La Capital; ela é a community manager.

Andrés Ríos

Andrés Ríos

El Ideal Gallego

El Ideal Gallego, a súa escola desde o 82. Curtido en seccións de Local, Nacional, Internacional, Sociedade e Deportes. Durante anos director de DXT Campeón e hoxe á fronte do Ideal Gallego. A comunicación e o mar, as súas paixóns.

Anxo Louro

Anxo Louro

Diario de Arousa

Xornalista con experiencia en diarios e medios de comunicación locais, principalmente en redacción e producción de artigos.

Armando Palleiro

Armando Palleiro

DXT

Xornalista da sección do Depor no DXT Campeón é a persoa que máis e mellor coñece os aspectos sociais do club branquiazul e sempre premiado e recoñecido pola afección.

Begoña Chas

Begoña Chas

DXT, Editorial La Capital

En DXT Campeón desde o primeiro minuto dun partido que dura xa 28 anos, a paixón é o que lle move e así tenta reflectilo no seu traballo todos os días desde o departamento de marketing e publicidade de Editorial La Capital.

Belén Cebey

Belén Cebey

Editorial La Capital