Misión

Noticias locais, para a nosa xente, con ética e profesionalidade.

O noso obxectivo:

A nosa misión é informar á comunidade galega de forma clara e veraz, ofrecendo unha ampla variedade de contidos a través dos nosos cinco periódicos: catro locais na Coruña, Ferrol, Arousa e Bergantiños, e un deportivo para toda Galicia. Desde hai máis de 105 anos, traballamos incansablemente para chegar a cada recuncho da comunidade e ser unha voz autorizada para todos aqueles que buscan información de calidade e actualizada.

Esforzámonos por cubrir as noticias máis locais, xa que sabemos que estas son importantes para a nosa audiencia e que teñen un impacto real nas súas vidas. Traballamos día a día para mellorar e adaptarnos ás necesidades dos nosos lectores, e cremos que o xornalismo é unha ferramenta fundamental para o benestar da sociedade. Estamos comprometidos coa nosa responsabilidade de contar historias importantes de maneira ética e profesional, e cremos que os nosos xornalistas son o motos que impulsa o noso éxito.

A nosa mirada

Cremos no poder das palabras e na capacidade da información para transformar vidas e facer unha diferenza no mundo.  Estamos orgullosos de ser unha empresa líder no noso campo e de poder ofrecer aos nosos lectores unha ampla gama de contidos que cobren gran variedade de temas e que son relevantes para eles. 

Esperamos poder seguir ofrecendo información de calidade e servir á nosa comunidade durante moitos anos máis, sendo a marca de referencia galega en información local, grazas ao talento e ao compromiso dos nosos xornalistas.